Remuíños Films

As Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) son uns instrumentos perfectos para a confección de producións sonoras, visuais e como non, audiovisuais. Esto téñeno moi claro os alumnos e alumnas do Colexio Rural Agrupado “Os Remuíños” como poderedes observar nos traballos que expoñemos neste apartado do noso blogue.

—————————————————————————————————————
CURSO 2009/2010
—————————————————————————————————————

Despois de gravar o seu programa de radio e de redactar os seus propios contos atrévense agora coa gravación dunha curtametraxe no que amosan toda a súa creatidade buscando diferentes xogos que se poden practicar con un material de refugallo: botellas de suavizante. Aquí tedes…

O MISTERIO DO SACO MÁXICO

Un adiante da curtametraxe a modo de “trailer”:

E aquí está a curtametraxe ao completo, disfrutádea:

Só nos queda convidarvos a botarlle unha ollada á nosa canle de TV en vimeo.com, facendo <clic> aquí.

—————————————————————————————————————
CURSO 2010/2011
—————————————————————————————————————

“GALICIA É MOI BONITA”

Para inaugurar o apartado multimedia do presente curso 2010/2011, os nenos e nenas do CRA “Os Remuíños”, e como actividade final da conmemoración do Estatuto de Autonomía, escribiron e gravaron unha nova letra para a canción popular “A Saia de Carolina” pero facendo referencia á nosa terra.
As escolas de Anós, Corcoesto e Cundíns foron as encargadas de interpretar a canción coas súas voces anxelicais, mentres que as escolas de Borneiro, Fontenla e Neaño, interpretárona físicamente con un baile moi chulo.
Este é o resultado do seu traballo.

“OS DEREITOS HUMANOS”

A ONU (Organización das Nacións Unidas) aprobou a Declaración Mundial dos Dereitos Humanos no 1948. Os Dereitos Humanos son aquelas liberdades, facultades e reivindicacións que afectan a todas as pesoas simplemente pola súa condición humana.

Aínda así, e tendo en conta os últimos acontecementos a nivel mundial, parece que os homes e mulleres que teñen nas súas más os fios que todo o controla, debéronse esqueces de todo o que nesta declaración aparece.

Por eso, os nenos e nenas doo CRA “Os Remuíños” queremos conmemorar o Día Mundial dos Dereitos Humanos con esta montaxe que fixemos coa axuda dos nosos mestres e mestras.

Esperamos que, como a nós, este vídeo vos faga reflexionar.