Radio Remuíños

Todo comezou por mor da celebración do Nadal, cando as nenas e nenos de Ed. Infantil e primeiro ciclo de Primaria do Colexio Rural Agrupado “Os Remuíños” (A Coruña), elaboraron o seu propio programa de radio.

Xa hai algún tempo que os nenos e nenas do CRA “Os Remuíños” están familiarizándose co uso das Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación. Como o manexo a Encerado Dixital Interactivo (EDI) xa está máis que superado dende hai varios cursos, este ano decidimos achegarnos un pouco máis ao material informático que se atopan, habitualmente na súa “vida real” fora do cole: na súa casa, na academia de informática, nas casas dos seus amigos/as, na oficina de mamá,…

De aí que comezamos a “estudar” as diferentes partes que compoñen un ordenador e a súa función básica para que todo o conxunto funcione correctamente: monitor, teclado, rato,…

En decembro, achegámonos ao fantástico mundo da informática e o son: Como facer para intruducir sons dentro do ordenador? (hardware e software), Como aplicar modificacións “básicas” a eses sons?, Como facer que o son sala do ordenador?,…

Un día, nunha das clases, falando de que con todo isto se podería gravar un programa de radio, un dos pequenos preguntou: – E por que non facemos un programa de radio?.

Despois de valorar o tema, de ver si sería factible atopar música baixo licenza Creative Commons na rede para poder ser utilizada no programa, que os aspectos técnicos non eran un problema: un micrófono de sobremesa, un portátil e uns altofalantes; e que existe unha gran cantidade de software de son sinxelo e libre de dereitos para poder ser utilizado, por exemplo: “audacity“,…, puxémonos mans á obra durante dúas semanas de gravación e unha de edición,… e así naceu: “Radio Remuíños”

Aquí vos presentamos o froito do traballo dos nenos e nenas do noso cole repartidos en seis escolas unitarias (que constitúen entre todas os CRA “Os Remuíños”) traballando todos xuntos, aínda que en tempos e espazos diferentes, por unha finalidade común: confeccionar o seu propio programa de radio.

Esperamos que vos guste.