Nós!

RTV Remuíños é unha canle multimedia elaborada como Proxecto Tic, polas nenas e nenos das escolas de: Anós, Borneiro, Corcoesto, Cundíns, Fontenla e Neaño; que en conxunto constitúen o Colexio Rural Agrupado “OS REMUIÑOS”, en Cabana de Bergantiños (A Coruña).

Co gallo de compartir co resto do mundo todo o traballo sobre as Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) realizado dentro das aulas do CRA,  decidimos crear este Blogue no que iremos colgando todos os proxectos elaborados durante o curso.

Esperando que o noso traballo sexa do agrado de todos/as, non nos queda mais que convidarvos a participar cos vosos comentarios.

Unha aperta dos nenos/as do CRA “Os Remuíños”.

E para que nos vaiades poñendo cara…. aquí tedes os nosos avatares, confeccionados na seguinte web.