RTV Remuiños http://rtvremuinos.blogaliza.org A canle multimedia do CRA "Os Remuíños" Mér, 31 Ago 2011 09:29:25 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7 Chegou o momento da despedida! http://rtvremuinos.blogaliza.org/2011/08/31/chegou-o-momento-da-despedida/ http://rtvremuinos.blogaliza.org/2011/08/31/chegou-o-momento-da-despedida/#comments Wed, 31 Aug 2011 08:49:15 +0000 http://rtvremuinos.blogaliza.org/?p=732

A vida está chea de etapas, e de todas se aprenden cousas.

Nesta etapa que agora remata, son moitas as actividades que fixemos xuntos: traballamos con vídeos, fotos, debuxos, sons,…, fixemos actividades jclic, edilim,…, ata unha videoconferencia. Moitas foron as risas que nos botamos, e tamén algún que outro rompedeiro de cabeza. Traballamos cos nosos compañeiros e compañeiras, non só da nosa escola senón tamén das outras escolas do CRA, inventamos contos, cancións e bailes; grabamos podcast, programas de radio e curtametraxes; debuxamos, coloreamos, escaneamos e imprimimos, ata aprendemos como se conecta un ordenador.

Esta etapa xa rematou, polo menos para min, o destino levoume para outra escola onde outros nenos e nenas esperan, e onde comezarei outro ciclo máis, seguramente cheo de sorpresas e de bos momentos, como o que vos esperan a vós. Pero pódovos asegurar que nunca me esquecerei dos compañeiros/as e dos rapaces/as do CRA “Os Remuíños”, entre outras cousas porque aprendín moito máis de vós, do que seguramente fun que de ensinarvos, por iso, e por todos os momentos que compartimos xuntos, MOITAS GRAZAS a todos e todas.

Ata sempre!

]]>
http://rtvremuinos.blogaliza.org/2011/08/31/chegou-o-momento-da-despedida/feed/ 3
Revista “Contiños” (Curso 10/11) http://rtvremuinos.blogaliza.org/2011/08/31/revista-continos-curso-1011/ Wed, 31 Aug 2011 08:22:41 +0000 http://rtvremuinos.blogaliza.org/?p=727 Contiños 10/11

Máis vale tarde que nunca, aquí tedes o link da revista escolar do curso 2010/2011 confeccionada polos mestres/as e alumnos/as do CRA “Os Remuíños” de Cabana de Bergantiños.

Cada unha das seis escolas que constituen o CRA redactaron o seu artigo da revista, facendo un resumo das actividades más importantes que levamos a cabo durante este curso.

Para acceder á revista fai ‘clic’ aquí. Sen máis, esperamos que disfrutedes dela.

]]>
Dia Mundial do Medio Ambiente http://rtvremuinos.blogaliza.org/2011/06/09/dia-mundial-do-medio-ambiente/ http://rtvremuinos.blogaliza.org/2011/06/09/dia-mundial-do-medio-ambiente/#comments Thu, 09 Jun 2011 17:12:38 +0000 http://rtvremuinos.blogaliza.org/?p=721

O pasado 5 de xuño foi o Día Mundial do Medio Ambiente. Neste día reflexionamos sobre a saúde do noso planeta, e sobre o que podemos facer cada un de nós para que coidalo pero… non só hoxe, senón todo o ano.

Para iso fixemos unhas actividades que o mestre de TICs atopou pola rede e que vos deixamos aquí por si queredes botarlle unha ollada.

Actividade do Ministerio de Medio Ambiente.

Xogo para coidar os rios.

]]>
http://rtvremuinos.blogaliza.org/2011/06/09/dia-mundial-do-medio-ambiente/feed/ 1
Letras Galegas 2011: “Lois Pereiro” http://rtvremuinos.blogaliza.org/2011/06/09/letras-galegas-2011-lois-pereiro/ Thu, 09 Jun 2011 17:02:38 +0000 http://rtvremuinos.blogaliza.org/?p=711 No CRA “Os Remuíños” tamén conmemoramos o día das Letras Galegas, que este ano foi adicado a Lois Pereiro, un poeta de Monforte de Lemos.

A mestra de Fontenla, Marta, fixo unha actividade en EdiLim moi completiña e aprendemos moito facéndoa.

O mestre de TICs, tamén fixo unha, pero orientada aos máis pequenos e pequenas do cole.

]]>
Día de Europa http://rtvremuinos.blogaliza.org/2011/06/09/dia-de-europa/ http://rtvremuinos.blogaliza.org/2011/06/09/dia-de-europa/#comments Thu, 09 Jun 2011 16:49:34 +0000 http://rtvremuinos.blogaliza.org/?p=709

Para celebrar o “Día de Europa” estivemos botando unha ollada a un blogue confeccinado para a ocasión. Neste blogue hai contidos para todas as idades así que, en función da escola, profundizamos máis en uns ou en outros. O himno, a bandeira, a moeda, as línguas,…, foron aspectos que ilusionaron aos rapaces e rapazas.

]]>
http://rtvremuinos.blogaliza.org/2011/06/09/dia-de-europa/feed/ 1
Chegou a primavera!! http://rtvremuinos.blogaliza.org/2011/04/29/chegou-a-primaveira-3/ Fri, 29 Apr 2011 13:29:31 +0000 http://rtvremuinos.blogaliza.org/?p=697

A primavera chegou a Cabana de Bergantiños e encheu todo de flores e bolboretas. O rapaces e rapazas do noso centro quixeron plasmar todo esta explosión de cor cunha ilustración. Para facela, primeiro debuxaron nunha folla algo referente á primaveia, despois escanearon o seu debuxo para poder traballar co el dentro do ordenador, e para rematar, e grazas ao software Gimp, colorearon os seu traballos ata convertelos nas obras de arte que aparecen na presentación.

Uns artistas!!!

]]>
Isto está chupado! http://rtvremuinos.blogaliza.org/2011/04/26/isto-esta-chupado/ http://rtvremuinos.blogaliza.org/2011/04/26/isto-esta-chupado/#comments Tue, 26 Apr 2011 12:42:48 +0000 http://rtvremuinos.blogaliza.org/?p=664

O outro día puxemos aos alumnos e alumnas de Neaño nun pequeno aperto: O ordenador estaba desmontado e tiñámolo que conectar todo para poder traballar con el.

Pois ben, sen dubidalo nen un segundo, e tomando as medidas de seguridade correspondentes, os pequenos/as foron buscando a forma de amañar o problema.

Estes rapaces e rapazas sonche moi listiños!!

]]>
http://rtvremuinos.blogaliza.org/2011/04/26/isto-esta-chupado/feed/ 2
Conectados grazas ás TIC http://rtvremuinos.blogaliza.org/2011/04/09/conectados-grazas-as-tic/ Sat, 09 Apr 2011 09:33:58 +0000 http://rtvremuinos.blogaliza.org/?p=627

As novas tecnoloxías son boas ou malas?? Pois, realmente nin boas nin malas, eu nunca vin a un ordenador dando esmola a un pobre e tampouco vin a ningún facendo trangalladas pola rúa. As TIC están ao noso sevizo e dependendo o que fagamos con elas serán mellores ou peores.

Nesta ocasión penso que a utilización das TIC foi fantástica. ¿Como unir duas aulas de un mesmo colexio que están separadas varios kilómetros unha da outra (os casos do CRA: Colexios Rurais Agrupados)? Pois facendo unha videoconferencia ou videochat. Deste xeito os nenos e nenas dunha escola poden comunicarse (voz e imaxe) cos rapaces e rapazas de outra e, incluso, facer proxectos en común.

A finais do pasado mes, no CRA “Os Remuíños”, fixemos a primeira videoconferencia: unha experiencia piloto entre as Escolas de Anós e Fontenla que, resultou moi ben.

]]>
Día Mundial da Auga http://rtvremuinos.blogaliza.org/2011/04/09/dia-mundial-da-auga/ Sat, 09 Apr 2011 08:24:13 +0000 http://rtvremuinos.blogaliza.org/?p=603 por John Baichtal

Este marzo estivo cheo de celebracións. O 22 deste mes celebrouse o Día Mundial da Auga. Para conmemorar este día, os rapaces e rapazas do CRA “Os Remuíños” escribiron os seus propios contos coa auga como tema central.

Nas escolas de Anós, Corcoesto, Cundíns, Fontenla e Neaño; utilizaron a amplicación online de creación de contos: Story Jumper, mestre que na escola de Borneiro fixeron unha actividade alternativa que non precisa de conexión a internet, xa que esta escola non ten esa posibilidade: inventaron un texto que podería acompañar ás láminas do libro: “Chove, Teo”.

Todas estas actividades foron moi enriquecedoras para os rapaces e rapazas do noso centro xa que, ademáis de reflexionar sobre a importancia da auga e o necesaria que é esta nas nosas vidas, desenvolveron a súa imaxinación, utilizaron as TIC, divertíronse moito e, unha vez máis, foron quen de crear uns contidos que poderán ser utilizados por nenos e nenas de outras escolas en videiras celebracións.

Sen máis, quí vos deixamos on enlaces para acceder a eses contos:

O Pirata Comepeixes (Escola de Anós)
Ed Infantil e 1º Ciclo de Ed primaria

Chove, Teo (Escola de Borneiro)
Ed Infantil e 1º Ciclo de Ed primaria

A Gaivota Comepeixes (Escola de Corcoesto)
Ed Infantil e 1º Ciclo de Ed primaria

O Ñu ten sede (Escola de Cundíns)
Ed Infantil e 1º Ciclo de Ed primaria

Pingui cura a Ani (Escola de Fontenla)
Ed. Infantil

Os Animais querían beber (Escola de Neaño)
Ed. Infantil

]]>
Día Mundial dos Dereitos do Consumidor http://rtvremuinos.blogaliza.org/2011/04/09/dia-mundial-dos-dereitos-do-consumidor/ Sat, 09 Apr 2011 07:34:52 +0000 http://rtvremuinos.blogaliza.org/?p=590

O pasado 15 de marzo conmemorouse o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor. Para celebrar este día nas nosas escolas do CRA “Os Remuíños”, os nenos e nenas gravaron, coas súas voces, un Podcast cos dereitos que temos todas as persoas que consumimos productos ou utilizamos servizos a diario.

Aquí vos deixamos o arquivo de audio para que o poidades escoitar ou descargar. E non deixedes de pasarvos pola nosa:

Radio Remuíños.

Ir a descargar

]]>