ComunicadosArchive for the '' Category

Día Mundial da Auga

Este marzo estivo cheo de celebracións. O 22 deste mes celebrouse o Día Mundial da Auga. Para conmemorar este día, os rapaces e rapazas do CRA “Os Remuíños” escribiron os seus propios contos coa auga como tema central. Nas escolas de Anós, Corcoesto, Cundíns, Fontenla e Neaño; utilizaron a amplicación online de creación de contos: […]

Día Mundial dos Dereitos do Consumidor

O pasado 15 de marzo conmemorouse o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor. Para celebrar este día nas nosas escolas do CRA “Os Remuíños”, os nenos e nenas gravaron, coas súas voces, un Podcast cos dereitos que temos todas as persoas que consumimos productos ou utilizamos servizos a diario. Aquí vos deixamos o arquivo de […]

Estreamos Podcast

A partir de agora todas os nosos traballos en audio estará incluídos no noso Podcast de Radio Remuíños que podedes visitar facendo clic aquí.

A prensa… Que gran invento!!!

Esta semana celebramos a “Semana da Prensa”. Entre outras cousas, co mestre de TICs traballamos nunha actividade que nos preparou en JClic con unha chea de xogos. Ademáis aprendemos moito!! Aquí vos deixamos o link das actividades en JClic.

Día da Muller Traballadora

O oito de marzo celebrouse o “Día da Muller Traballadora” e para recordar a aquelas mulleres que loitaron polos seus dereitos, traballamos na clase co libro: “Once Damas Atrevidas”. Este conta a historia de once mulleres que foron quen de facer todo o que imaxinaban: viaxaron dende Fez ata Bueu; en moto, en barco ou […]

Radio Remuíños emitindo: “O Entroido”

O entroido sempre foi motivo de ilusión e ledicia para os nenos e nenas, e para os non tan nenos. Os rapaces do CRA “Os Remuíños” de Cabana de Bergantiños acaban de confecionar o seu segundo programa de radio, en esta ocasión centrándose no tema do entroido. Disfraces, murgas e comparsas, gastronomía,…, todo isto e […]

San Valentín pasou polo CRA…

…coma unha frecha de Cupido. Pero antes de irse deixou un pequeno agasallo para os nenos e nenas de Cabana de Bergantiños: un libro sobre…. “o amor”. De feito trátase de un libro de Daniela Kulot: “Crocodilo Namorado”, que foi narrado pola mestra de Audición en Linguaxe do CRA, Martina, e sobre o cal, o […]

Celebramos o día da Paz!!

Para conmemorar o día da Paz, fixemos unhas audicións de uns libros que atopamos pola rede nesta web: cuentosparadormir.com, a verdade é que foron moi entretidos e emocionantes. Despóis de falar un pouco sobre as historias dos contos e de relacionalas co día da Paz, cada neno/a fixo unha ilustración sobre o conto traballado en […]