ComunicadosArchive for the '' Category

Chegou o momento da despedida!

A vida está chea de etapas, e de todas se aprenden cousas. Nesta etapa que agora remata, son moitas as actividades que fixemos xuntos: traballamos con vídeos, fotos, debuxos, sons,…, fixemos actividades jclic, edilim,…, ata unha videoconferencia. Moitas foron as risas que nos botamos, e tamén algún que outro rompedeiro de cabeza. Traballamos cos nosos […]

Revista “Contiños” (Curso 10/11)

Máis vale tarde que nunca, aquí tedes o link da revista escolar do curso 2010/2011 confeccionada polos mestres/as e alumnos/as do CRA “Os Remuíños” de Cabana de Bergantiños. Cada unha das seis escolas que constituen o CRA redactaron o seu artigo da revista, facendo un resumo das actividades más importantes que levamos a cabo durante […]

Dia Mundial do Medio Ambiente

O pasado 5 de xuño foi o Día Mundial do Medio Ambiente. Neste día reflexionamos sobre a saúde do noso planeta, e sobre o que podemos facer cada un de nós para que coidalo pero… non só hoxe, senón todo o ano. Para iso fixemos unhas actividades que o mestre de TICs atopou pola rede […]

Letras Galegas 2011: “Lois Pereiro”

No CRA “Os Remuíños” tamén conmemoramos o día das Letras Galegas, que este ano foi adicado a Lois Pereiro, un poeta de Monforte de Lemos. A mestra de Fontenla, Marta, fixo unha actividade en EdiLim moi completiña e aprendemos moito facéndoa. O mestre de TICs, tamén fixo unha, pero orientada aos máis pequenos e pequenas […]

Día de Europa

Para celebrar o “Día de Europa” estivemos botando unha ollada a un blogue confeccinado para a ocasión. Neste blogue hai contidos para todas as idades así que, en función da escola, profundizamos máis en uns ou en outros. O himno, a bandeira, a moeda, as línguas,…, foron aspectos que ilusionaron aos rapaces e rapazas.

Chegou a primavera!!

A primavera chegou a Cabana de Bergantiños e encheu todo de flores e bolboretas. O rapaces e rapazas do noso centro quixeron plasmar todo esta explosión de cor cunha ilustración. Para facela, primeiro debuxaron nunha folla algo referente á primaveia, despois escanearon o seu debuxo para poder traballar co el dentro do ordenador, e para […]

Isto está chupado!

O outro día puxemos aos alumnos e alumnas de Neaño nun pequeno aperto: O ordenador estaba desmontado e tiñámolo que conectar todo para poder traballar con el. Pois ben, sen dubidalo nen un segundo, e tomando as medidas de seguridade correspondentes, os pequenos/as foron buscando a forma de amañar o problema. Estes rapaces e rapazas […]

Conectados grazas ás TIC

As novas tecnoloxías son boas ou malas?? Pois, realmente nin boas nin malas, eu nunca vin a un ordenador dando esmola a un pobre e tampouco vin a ningún facendo trangalladas pola rúa. As TIC están ao noso sevizo e dependendo o que fagamos con elas serán mellores ou peores. Nesta ocasión penso que a […]