Archive for Febreiro, 2010

Últimos preparativos

Xa estamos a rematar cos preparativos do novo proxecto e, seguramente a semana que ven, comezamos co traballo “gordo”. Ata agora estivemos practicando cos diferentes posibilidades que nos da un ordenador e o seu hardware para o proxecto que estamos a preparar. Tamén fixemos algún ensaio e… por que non dicilo?, tamén o pasamos moi […]

Novo proxecto

Xa temos outro proxecto entre mans… Un proxecto no que, como sucedeu no programa de radio, utilizaremos as Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) para levalo a cabo. Non imos a adiantar todos os datos xa que… queremos que sexa unha sorpresa, pero podemos dicir que nesta ocasión non imos utilizar a voz… […]

Radio Remuíños

O noso primeiro traballo multimedia utilizando as novas tecnoloxías xa está na rede!! Quixemos comezar con algo “sinxelo”, incluíndo só sons, e… TACHÁN!!, aquí tedes o noso primeiro programa de radio, dedicado ao Nadal. Foi gravado e mesturado durante o mes de Decembro do 2009. A pasalo ben!. Si queres saber máis sobre este proxecto […]

Ola Mundo!

Pois si, Ola Mundo!!! Os nenos e nenas do CRA “Os Remuíños” de Cabana de Bergantiños abren a súa fiestra ao Mundo para compartir todas as experiencias relacionadas coas TIC con todos vos!! Durante o presente curso 2009/2010 temos varios proxectos en mente que trataremos de levar a cabo coa axuda dos nosos mestres e […]